Sunday 30 September 2012

HELLO!



Comezamos as clases saudándonos cantando e bailando a canción que podedes ver a continuación: 

Wednesday 26 September 2012

HAPPY EUROPEAN DAY OF LANGUAGES




Hoxe, 26 de Setembro de 2012, celebramos o Día Europeo das Linguas. 



Nas escolas escoitamos "HOLA" en diferentes linguas premendo no seguinte enlace:
Pechamos os ollos e tapámolos coas dúas mans. Cando recoñeciamos algún idioma destapámolos e tamén saudamos!

Vimos un vídeo que nos axudou a aprender a dicir "Talk to me" (fálame)

Traballamos as cores con distintas bandeiras, como a da Unión Europea e, segundo as idades, deixamos un recordo desta celebración na carpeta.


Monday 24 September 2012

CURSO 2011-2012

Ao longo do pasado curso 2011-2012 realizamos unha serie de traballos en grupo para celebrar variadas festas e acontecementos. Estes son algúns deles...


Tuesday 18 September 2012

Materiais de inglés

Gustaríame poñer a disposición das familias e dos nenos/as o material co que traballamos en inglés durante o curso 2012-13. Se estades interesados/as:

  • enviade un e-mail á dirección teachermariluzalonso@gmail.com, indicando o nome do voso fillo/a e a escola á que pertencedes.

Libros de texto 2012-2013

Libros de texto no curso 2012-13 na ÁREA DE INGLÉS:

  • EDUCACIÓN INFANTIL: non utilizaremos libro.
  • EDUCACIÓN PRIMARIA:
    • 1º Primaria: non utilizaremos libro de texto.
    • 2º Primaria: Bugs World 2 (Pupil's Book) Macmillan (ISBN: 9780230718999)




Back to school!

Comeza un novo curso para todos e todas. Atoparémonos de novo nas escolas, e incluso coñeceremos a novos nenos e mestres. Á volta da esquina hai novas ideas, novos materiais, renovadas ilusións... Verémonos nas aulas a partir do día 12, espero que con ilusión e con moitas ganas de seguir aprendendo!

Welcome to the English corner!


Benvidos/as á Área de Lingua Estranxeira! Aquí irán aparecendo imaxes, cancións, enlaces, traballos, etc. sobre os aspectos que imos traballando en inglés nas distintas escolas do C.R.A. de Valdoviño. Calquera dúbida ou comentario serán ben recibidos! Esta é a dirección de correo da mestra de inglés durante o curso 2012-2013:
teachermariluzalonso@gmail.com