Sunday 27 January 2013

PEACE (PAZ)

O próximo día 30 celebraremos o Día da Paz nas escolas do CRA.

Na clase de inglés escribiremos a palabra PEACE e decoraremos con ela unha pomba.



Traballaremos todos xuntos, coma na canción que cantaremos: 
All together now!


Tamén recordaremos a canción do curso pasado:
I've got Peace Like a River!

Wednesday 16 January 2013

CHRISTMAS

Para ver todo o relacionado co proxecto de Nadal, premede na parte de arriba, no título E-TWINNING PROJECT. En breve pasarei ese contido a esta entrada.

TOYS

Á volta do Nadal, só poderiamos comezar falando de TOYS, xoguetes...

Unha sorpresa foi atopar un regalo para a clase de inglés: a BOOK!

Que animais se esconden tras variedade de disfraces para asistir a unha CHRISTMAS PARTY? Que lles regalará SANTA a cada un deles?

Descubrímolo e divertímonos  moito!




Ademais de aprender algúns xoguetes en inglés, falaremos tamén de actividades para o tempo libre: play board games, play computer games, watch TV, listen to music, etc.

E para rematar escoitaremos a seguinte canción...